Os populares piden así a actuación do Executivo pois este vía forma parte do enlace para o tráfico dende a LU-P5207 á A-8; dá servizo a vivendas e industrias e ademais é empregada por moitos peóns para acceder á zona comercial. A súa actuación faise urxente pois non conta con beirarrúas que fagan seguro o tránsito de peóns e tampouco dispón de ningún tipo de mobiliario urbano. Asemade, a iluminación tamén é practicamente inexistente.
Todo elo, sumado a que o tráfico pesado de camións tamén está a deteriorar o seu firme, é o que provoca que dende o PP se fagan eco do que xa é unha demanda reiterada da veciñanza e pidan ao Concello que emprenda os trámites administrativos para proceder ao seu ensanchamento e pavimentación, ademais de dotala de dunha nova iluminación de baixo consumo e alta eficiencia lumínica, así como de beirarrúas e máis puntos de luz, papeleiras e bancos.
“Pensamos que o Concello debe dar unha resposta a esta petición e, en aras dunha colaboración institucional que xa estamos a ver que é a que trae investimentos para Ribadeo, como se demostrou onte coa visita da conselleira de Medio Ambiente, agardamos que todos os grupos políticos apoien a nosa iniciativa e, o que é máis importante, que, nun prazo non moi longo, a estrada dos garitos estea apta para o tráfico e tránsito rodado”, conclúe o voceiro Daniel Vega.