Cervo, 2 de decembro de 2019. O Concello de Cervo está a reformar a cuberta do Centro Cultural e de Servizos á Cidadanía, o edificio anexo á Casa Consistorial, no que se ubican a biblioteca, o xulgado, e diferentes servizos municipais.
A obra supón un investimento de case 50.000 euros (47.564 euros concretamente) procedentes da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.
O rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Obras, Mali Méndez, estiveron supervisando a actuación que consiste fundamentalmente “na renovación da cuberta, na limpeza e no pintado da fachada e tamén das zonas do interior do edificio afectadas polas humidades”. Tamén se realizarán traballos de mantemento das portas e ventás para favorecer o illamento térmico-hídrico.