As persoas interesadas en colaborar poden achegar xoguetes, xogos de mesa, puzzles, material informático, material escolar ou libros, sempre e cando estén en bo estado e con todos os seus compoñentes.
“Con esta iniciativa queremos ampliar o alcance da campaña de recollida que tradicionalmente se realiza en colaboración con outras entidades do municipio, o Nadal é un tempo especial e queremos que ningún neno ou nena quede sen xoguete”, asegura a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
A recollida realizase no Concello de Viveiro, praza Maior, en horario de 10.00 a 14.00 horas e ata o 18 de decembro. A clasificación e distribución dos xoguetes correrá a cargo dos servizos sociais municipais.
“Ademais da labor solidaria e do compoñente educativo de transmitir aos nosos fillos e fillas a importancia da xenerosidade e de ser capaces de desprenderse dos seus obxectos para facer felices a outros nenos e nenas, cómpre resaltar a importancia da reciclaxe e dar unha nova vida aos xoguetes”, engade a alcaldesa de Viveiro.