Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro acolle este fin de semana o concerto de Nadal, obradoiros para nenos, mercado e moitas máis actividades para todas as idades

 Viveiro, 20 de decembro de 2019. O Concello de Viveiro acolle este fin de semana un amplo programa de actividades para todas as idades, nunhas datas nas que ademais aumenta de forma considerable o número de visitantes e de veciños que viven fora o volven a casa por Nadal.
Mañá, sábado 21, haberá na Biblioteca Municipal desde as 12.00 horas ‘Xogando no Nadal’, actividades e obradoiros para os máis pequenos, e pola noite o tradicional concerto de Nadal da Banda de Música de Vivero no Teatro Pastor Díaz (21.00 horas).
A axenda de ocio e cultural da concellería xestionada por Lara Fernández inclúe neste fin de semana o mercado ‘A Trastenda de Nicómedes’. As actividades ao aire libre quedan suspendidas polo mal tempo.
María Loureiro, alcaldesa de Viveiro, invita a todos os veciños e veciñas a “disfrutar da diversidade da programación, chegan datas de vacacións escolares e o concello quere que os nenos e nenas teñan actividades de Nadal, sen esquecer aos adultos”.
A programación continuará o luns día 23 co obradoiro ArteNadal e o martes, día 24, o concello organiza a Festa de Papá Noel, ás 17.30 horas na praza Maior de Viveiro.

Exit mobile version