Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Ribadeo rematou as obras realizadas no chan do local de Amigos da Gaita, no pavillón polideportivo da rúa Alfredo Deaño

O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, explicou que “as filtracións que padeceu ese edificio durante un tempo ocasionaron humidades e problemas no chan do local que a asociación Amigos da Gaita ten no primeiro andar. O que fixemos foi levantar ese chan e colocar nova tarima”. O custe ascendeu a 3.000 euros. Díaz supervisou os traballos realizados acompañado pola presidenta de Amigos da Gaita, Marta Saiz, e por outras representantes da asociación. O edil lembrou que “xa en xaneiro do ano en curso acometéronse obras na cuberta do pavillón para solucionar as filtracións de auga que sufría o inmoble”.

Exit mobile version