A concelleira responsable, Mónica Freire, comentou que “desde a Área de Servizos Sociais Municipais queremos poñer en marcha un novo programa dirixido a aquelas persoas maiores de 65 anos que vivan soas e que non teñan familia coa que estar nas ceas de Noiteboa e Noitevella”.
Freire Rancaño explicou que “a través deste programa, estas persoas poderán compartir as ceas destas dúas datas tan sinaladas cos residentes do Centro de Atención a Maiores de Ribadeo”.
A edil de Servizos Sociais engadiu que “todos os interesados que queiran participar nestas dúas comidas deberán poñerse en contacto cos Servizos Sociais Municipais antes das dúas da tarde do día 19 de decembro, deste xoves, ou a través do teléfono 982 12 08 08”.