Esta iniciativa atense ao plan estratéxico de subvencións aprobado polo Concello, presidido por Elena Candia (PP). A xunta local de goberno acaba de dar o visto bo a aprobación da convocatoria e bases reguladoras de subvencións para o fomento da implantación de actividades económicas no parque empresarial de Mondoñedo. Esta convocatoria farase pública a través do Boletín Oficial da Provincia nos próximos días.
Desde o goberno mindoniense lembran que para o Concello resulta prioritario o fomento do mantemento e consolidación das actividades económicas existentes e a captación de novas iniciativas empresarias que, para o desenvolvemento da súa actividade, se apoien en recursos endóxenos do municipio. O equipo de goberno que preside Elena Candia indica que a súa liña de xestión ten entre as súas prioridades a reorientación dos recursos públicos para buscar o asentamento de actividades económicas.
O de Mondoñedo é un municipio doing business, é dicir, un concello adherido a esta iniciativa, impulsada desde o IGAPE, e polo tanto ten un compromiso claro para ofrecer as empresas que se instalen no seu territorio rebaixas fiscais. Deste xeito, os proxectos empresariais que xeren emprego terán rebaixas no Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras (ICIO) e no Imposto de Actividades Económicas (IAE).