En concreto, os viarios a arranxar son os seguintes:
Camiño Alemparte – Vilamor, na parroquia de Cangas, cun orzamento de 52.733,89 euros.
Camiño Cabanas – Lamallada, na parroquia de Nois, cun orzamento de 27.066,95 euros.
Camiño Apeadoiro – Carpacide, na parroquia de Nois, cun orzamento de 35.067,12 euros.
Camiño Bargado – Lousada, na parroquia de Fazouro, cun orzamento de 41.827,05 euros.
Camiño Río – O Carme, na parroquia de Vilaronte, cun orzamento de 98.701,77 euros.
Camiños no Chao, na parroquia de Santa Cilla, cun orzamento de 23.693,12 euros.
O alcalde, Fran Cajoto, explica que “as obras consisten na limpeza e perfilado de cunetas e na mellora de firme dos camiños, con aglomerado en quente de 5 centímetros de espesor” e destaca que “o actual equipo de goberno está moi preocupado e concienciado co acabado final das obras, é por isto que a maiores dos traballos previstos pola anterior corporación incorporamos a tódalas obras o levante de arquetas, o aglomerado en quente dos cruces de camiños, a disposición das sinais necesarias e o pintado tanto das liñas laterais como das sinais de parada de stop. Estes aspectos non contemplados inicialmente foron incorporados aos pregos como melloras e serán executados polo adxudicatario. Serán renovadas tamén as rexas de desaugue onde sexa necesario e incorporamos badéns para limitar a velocidade no Camiño Río – O Carme, cunha recta moi prolongada de baixada que pode dar lugar a unha circulación inapropiada”.
Respecto ao inicio dos traballos, o rexedor municipal focense non quere confirmar aínda unha data definitiva, xa que “se está coa preparación de toda a documentación necesaria. O máis probable é que comecen á volta do Nadal, no mes de xaneiro de 2020”.
Fran Cajoto engadiu que “pouco a pouco temos que ir renovando e mellorando os firmes dos viarios municipais, tanto nas parroquias como no casco urbano. Somos conscientes de que hai moitas deficiencias e o criterio debe ser priorizar as actuacións máis urxentes segundo o estado das vías. Contamos tamén para o vindeiro ano con levar a cabo o Plan de Mobilidade Urbana Sostible no casco urbano, que nos permitirá fixar as actuacións en base ás achegas de veciños e comerciantes e segundo os criterios técnicos que deben primar en calquera actuación destas características”.