Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello agasalla a todo o alumnado ribadense de 4º de ESO e 1º de BAC cun exemplar da obra Made in Galiza, de Sechu Sende

 Ribadeo, 24 de decembro de 2019. O Concello agasalla a todo o alumnado ribadense de 4º de ESO e 1º de BAC cun exemplar da obra Made in Galiza, de Sechu Sende. As persoas interesadas en facerse co libro poden recollelo na biblioteca municipal calquera destes días, agás os festivos.
A concelleira de Cultura, Pilar Otero, explicou que “desde hai uns días o Concello agasalla a todo o alumnado ribadense que cursa 4º de ESO e 1º de BAC cun exemplar da obra de Sechu Sende Made in Galiza e tamén  poderán desfutar da versión que fan desta obra Os Quinquilláns o día 21 de febreiro co seu Language planning”.
A edil dixo que “se trata dunha obra que nos convida a reflexionar sobre a nosa lingua, que é de lectura obrigada nalgún dos cursos para o segundo trimestre deste curso escolar”. E subliñou que “todo este alumnado de 4º de ESO e de 1º de BAC pode aproveitar estes días de vacacións para recoller o seu exemplar no horario de apertura da biblioteca municipal (de luns a venres de 10:30 a 13:00 e de 17:00 a 20:00, exceptuando os festivos)”.

Exit mobile version