Site icon Crónica3.com A Mariña

Mondoñedo celebrou o V Encontro de Participación Cidadá

 Mondoñedo, 22 de decembro, 2019. O V Encontro de Participación Cidadá de Mondoñedono celebrouse este sábado no Salón de Plenos do Concello de Mondoñedo. Entre representantes da Corporación Muncipal e da Plataforma Cidadá “Comarca de Mondoñedo Unida”.

Análise e Conclusións.

Areas de Turismo-Ensino- Cultura.

a) A “Area de A Fervenza” e o seu entorno. Posibilidade de inclusión nun proxecto europeo.

A alcaldesa Elena Candia, informou que se está levando a cabo a restauración da antiga Fábrica “Electricista Mindoniense” que una vez amañado o caseto e feita a pista de acceso, a seguinte fase será restaurar as máquinas a través do INEGA, agardando sexa a finais do ano 2020. E que tamén se estudaría amañar a piscina fluvial e o entorno.

O moderador da Plataforma Cidadá Luís Caselas plantexou continuar a pista do Estado para ampliar o aparcamento e adecuar unha zona de carga e descarga forestal, cedendo terreos da súa propiedade

O voceiro do BNG Eloi Cabanas propuxo redactar polos técnicos municipais un proxecto da “Area de A Fervenza” en conxunto para ir levándoo a cabo por fases. Tamén se plantexou de presentalo a través do GDR1 de “ A Mariña” para obter financiación a través dun Plan LEADER europeo.

En canto a Fonte Medicinal de Augas Sulfurosas a alcaldesa consultou o parecer sobre a compra polo Concello de Mondoñedo, do monte onde está ubicada para así poder obter axudas con maior facilidade e poder facer as obras de indagación, acondicionamento e mellora. Consulta que foi aceptada por Unanimidade.

Co respecto ao Castro da Recadieira volveuse a plantexar, que habería que indagar sobre os propietarios dos terreos, para chegar a acordos para a súa posta en valor.

b) b) Os Museos,Centros de Interpretación e Obradoiros de Mondoñedo. Análise do seu funcionamento e actividades. A súa divulgación.

A alcaldesa informou sobre as xestións coa S.A. de Xestión do Plan Xacobeo para asinar un Convenio que mellorara o funcionamento do Centro de Interpretación do Camiño Norte de Santiago. Adecuar as instalacións da Area de Alcantara, da Orde Terceira Franciscana. Confeccionar unha “programación estable” de actividades xacobeas, introducindo a figura dun “xestor cultural” que tamén fixese a labor de “hospitalero” para unha mellor atención aos peregrinos. Agardando se poña en marcha no 1º trimestre do 2020.

En canto ao “Museo da Imprenta e da Casa- Museo “ Álvaro Cunqueiro” estase en tratos coa empresa “Arte Explendore” que tamén rixe o Museo Catedralicio para que levase unha xestión conxunta.

Tamén se infomou dun proxecto en estudo para a reapertura” do “Museo das Zocas” do artesán Alberto Geada no edificio do Pazo Santomé facendose suxerencias sobre esta proposta…E se falou das solicitudes de implatación de novos artesáns no Barrio dos Muiños .

A moderadora da Plataforma cidadá Wilma Leivas lembrou o traballo e implicación en pro da creación da Feiramostra dos Muiños da cesteira “Lola Tourón” e que sería unha gran fichaxe pola súa capacidade dinamizadora e de formación a través dos seus “obradoiros “ que imparte en diferentes lugares de Galicia,coa posibilidade que desenrolase a súa labor no “Muiño de Amandino” e de crear un “Museo da Cestería Galega”.

Se nos informou dun proxecto da “Fundación Xosé Artiaga” que vai a optar ao programa “O teu Xacobeo” e que vai a estar respaldado polo Concello de Mondoñedo.

En canto ao “Mural” do artista e Fillo Predilecto de Mondoñedo Xosé Vizoso e dadas as dificultades para obter a cesión dun muro da Horta de Palacio, vaise a estudar a posibilidade de ubicalo nun muro municipal , ben sexa na Alameda dos Remedios ou no muro do recente axirdanamento na Avenida das San Lucas.

Tamén se quedou en contactar cos Centros de Ensino de Mondoñedo para voltar a confeccionar a Placa homenaxe aos Fillos Ilustres de Mondoñedo, que desapareceu do “Parque da Lembranza” a carón do Cemiterio Vello. Coa posibilidade de restituíla e a proposta do presidente de Abrindo Camiño e coordinador da Plataforma Luís Fdez Ansedes, coincidindo coas actividades da XIII Xornadas do Peregrino, que a Asociación “Abrindo Camiño” ten programado levar a cabo no mes de maio do 2020 e na que asistirán representantes Institucionais e asociativos das Autonomías do País Vasco, Cantabria, Asturias e Galicia.

c) O Camiño Cultural de “As Catedrais” pola “Variante Marítima” do Camiño Norte. Análise do proxecto

Tamén se informou das xestións e reunións con representantes doutros Concellos de “ A Mariña” co motivo do Camiño Cultural de “As Catedrais- Variante Marítima do Camiño Norte”. E a potenciación dos lugares a carón do seu trazado no Concello de Mondoñedo; nas parroquias de Oirán, Masma (na zona fluvial de A Retorta e no “Pazo de Bo Aire” en San Andrés) Viloalle ( na Capela de San Ramón da Ferrería e na Area de A Fervenza) e no barrio de San Lázaro ( coa posibilidade de axardinamento e creación dunha zona de descanso e promoción turistico-cultural e agroalimentaria perto da “capela e antiga malataría”).

d) A Implantación dun Centro de Inmersión Lingüistica en Mondoñedo. Proxecto aprobado por Unanimidade en Sesión Plenaria, pola Corporación Municipal de Mondoñedo e por Maioría en Sesión Plenaria da Deputación

Proxecto que a alcaldesa está ultimando as xestións coa Consellería de Educación da Xunta de Galicia e coa Diocese de Mondoñedo coa idea de implantalo no vindeiro curso no “Real Seminario” de Mondoñedo.

Proxecto que todolos asistentes estiveron dacordo coas propostas e o plantexamento e que consideraron que sería “un gran logro” para Mondoñedo, ter este Centro nun lugar emblemático de formación académica para moitas persoas desde fai moitos séculos de A Mariña, A Terra Chá, Ortegal e Ferrolterra.

Areas de Servizos Sociais, Sanitarios.Análise. O Centro de Acollida de Menores non acompañados de Mondoñedo. A Residencia de Maiores e o Centro de Día e de Alzheimer.

A alcaldesa a petición da moderadora da Plataforma Ana Arias informou sobre a pronta finalización das obras da Residencia de Maiores con capacidade para 43 prazas e a posible adecuación de apartamentos tutelados para outras 25 prazas.

Do funcionamento do Centro de Día con 20 usuarios na actualidade e que pronto se poñerá en funcionamento a “Unidade de Alzheimer” con 10 prazas públicas.

En canto ao Centro de Menores tutelados estanse executando as obras de adecuación nas plantas baixa e primeira da” antiga Residencia Cabanela” que vai a ser rexido pola Fundación sen ánimo de lucre “Dignidade” e que se coida adecuar a segunda pranta para un Centro “Punto de Encontro” de familias separadas. E que estos Centros crearán en torno a unha véntena de postos de traballo.

Areas de Servizos Dotacionais: Espazos Públicos, Viales e Aparcamentos. Análise.

A moderadora da Plataforma Cidadá María José Cociña expuxo o proxecto de remodelación da Praza da Catedral solicitando organizar unha xornada especifica de debate sobre o mesmo, coa confección dunha maqueta ou proxeccións audiovisuais para un millor entendemento. A alcaldesa informou das deficiencias de saneamento e accesibilidade da praza e de que haxa un amplo apoio cidadán para levalo a cabo, que as melloras redunden nun mellor aproveitamento diste espazo público, sen prexudicar as actividades que se veñen desenrolando na mesma desde fai anos.

Tamén se analizou a posible circulación en torno a mesma co “obxetivo de peatonizala” mellorando o acceso pola Rúa do Río de Sixto, levando a cabo un antigo proxecto de construción dunha nova rúa desde a zona dos Xulgados que tamén desenrolaría o aparcamento da Alcántara.

En canto aos accesos pola zona da Rocha- Os Castros agardase financialos a través do “Plan Rexurbe” que embelecería e habilitaría a zona do Hospital de San Pablo, o Centro de Saúde e a Residencia de Maiores e posibilitaría adecuar un aparcadoiro para librar de coches, a Alameda dos Remedios.

O moderador da Plataforma Isidro Fdez Rubal tamén incidiu sobre a antiga petición de ACIAM de adecuar a “entrada de Fondoso desde a N634” para convertila na entrada principal a “Mondoñedo Centro” na zona que conta cos Servizos: Hoteis-Restaurantes, Estación de Repsol, Zona Industrial, etc ampliando e millorando as obras que se están executando na zona. Tamén expuxo a peligrosidade do muro de contención do” novo aparcadoiro” a carón da baixada a rúa Casas Novas e que se poidese facer antes da remodelación unha rebaixa da terra vexetal e ampliación do calexón. Proxecto que vai levar a cabo a empresa “Proxecón Galicia”. Os membros da Corporación Municipal asistentes ao Encontro,a alcaldesa Elena Candia, os concelleiros do PP Alberto García e Patricia Otero, a portavoz do PSOE Esperanza González e do BNG Eloi Cabanas estiveron de acordo coas propostas e facer as xestións ante os organismos e Institucións pertinentes.

Areas empresariais. Sectores: Agrícola , Forestal, Comercio, Industria e Artesanal.Outros Sectores Deportivo. Musical.O seu Análise. Promoción

Os derradeiros temas da Orde do Día e a petición do moderador da Plataforma Cidadá Marcos Candia dado que xa se levaba perto das tres horas de Análise, centralas no sector Industrial.

A alcaldesa informou da aprobación dunha linea de axudas para incentivación e implantación de empresas no “Poligono de Xiros” que afectarían tamén a catro parcelas de titularidade municipal.

Que as naves de Hipólito que ten no Barrio de San Lázaro están todas alquiladas e que hai un proxecto de venda das antigas naves de ECARFIMSA.

Que fai unhos días se reuniu, xunto coa Asistente Social cos traballadores de “Muebles Hermida” empadroados en Mondoñedo (acarón de 20 persoas) para ofrecerlles a axuda do Concello, habilitando unha partida de Emerxencia Social para afrontar as nóminas pendentes de pago pola Empresa, que conta se lles satisfagan a finais de xaneiro ou principios de febreiro.

Tamén por parte do público asistente se fixeron peticións de estudo de fontes medicinais de Mondoñedo, amaño de pistas e estradas por desperfectos ocasionados polos maderistas, recollidas de lixo e baixada de impostos na zona rural, etc que a Corporación tomou nota para o seu estudo.

Ao final e en boa harmonía, agradecendo a implicación da Corporación Municipal, dos membros da Plataforma Cidadá “Comarca de Mondoñedo Unida” e do público asistente, despedímolo ano e o V Encontro de Participación Cidadá agardando se leven a cabo os obxectivos e proxectos analizados.

Exit mobile version