Cervo, 30 de decembro, 2019. Non temos palabras para darvos a grazas polo que vivimos este venres na Praza dos Campos de San Cibrao.
Felicitar aos grupos Blow, Joni Ramos & Sunday Morning Club, Stoned at pompeii e Green Hot Peppers polos pedazo de concertos que fixeron e agradecerlle tamén a súa colaboración especial ao Concello de Cervo, tamén a Distribuciones Carreiras, Hotel Buenavista, Pizzería O Trasgo e Gadis.
Temos que facer unha especial mención tamén a toda esa xente que botou unha man desinteresadamente para que, un ano máis, o Callo Fest saia adiante. Sen todos eles, esto non sería posible.
E moi especialmente ao atleta mariñano Adrián Ben, que nos acompañou neste día e colaborou no ensaio das badaladas.
Esperamos que todos e todas saltárades, bailárades e gozárades do festival. Bo Nadal, Feliz Ano e que viva o Callo Fest.