Site icon Crónica3.com A Mariña

Gala benéfica en San Martiño

Como vén sendo habitual nos últimos anos ó achegárense as datas de Nadal, o Grupo Teatral O Centiño de San Martiño organizou o pasado domingo, 15 de decembro, unha gala benéfica para recadar fondos para Cáritas. No local social de Ferreiravella actuaron o grupo Axóuxeres de Vilaronte e o monologuista Cachín, que encheron totalmente o local, conseguíndose unha recadación moi alta. Todo un éxito.

Exit mobile version