Ribadeo, 22 de decembro, 2019. Finalmente este mediodía abriu as súas portas RibaXogo, o centro de ocio infantil e xuvenil instalado nunha carpa no parque de San Francisco.
A súa apertura estaba prevista para a xornada de onte, pero debido ao temporal de vento que lle afectou a esta zona o Concello deciciu aprazala “como medida de precaución”.
RibaXogo, a grande cita deste Nadal na comarca, fará as delicias de nenxs e rapaces ata o vindeiro 5 de xaneiro de 2020 con numerosas atraccións e actividades dentro e fora da carpa.
RibaXogo está organizado polo Concello de Ribadeo en colaboración con Aci