O ala brasileiro Everton Luiz Ferreira Araújo finalizará a tempada nas filas do UA Ceutí. O Pescados Rubén Burela FS e o 20 mariñán, con contrato ata xuño de 2021, chegaron a un acordo para o seu traslado, en calidade de cedido, ao conxunto de Segunda División que dirixe Santi Valladares. O club Laranxa agradece a contribución de Everton nestes meses de loita e adaptación na máxima categoría e deséxalle moita sorte defendendo as cores do equipo de Ceuta.