Trátase dun amplo compendio do patrimonio de todo o Val do Ouro organizado por parroquias tanto do Concello de Alfoz coma do Concello do Valadouro. A presentación contou coa presenza de Pilar García Porto, representante da Deputación Provincial de Lugo; Jorge Val Díaz, Alcalde de Alfoz e os autores do libro, así como os numerosos colaboradores e colaboradoras neste gran traballo, editado en 2 tomos, de investigación e recuperación cultural, histórica e artística.