É unha das actividades que oferta a FAPACEL promovendo a igualdade e inclusión. A directiva da ANPA do IES Alfoz Valadouro, que está moi sensibilizada con esta iniciativa, quedou moi satisfeita coa resposta que houbo de público e coa mensaxe tan importante que transmitiron os compoñentes do grupo, unha mestura de emocións, valores e sensibilidades, no que a felicidade foi contaxiada a todo o público, que cantou e aplaudiu durante toda a actuación. O obxectivo desta actividade era transmitir aos nenos a importancia da inclusión en todos os ámbitos da sociedade. Aínda que sexamos diferentes, todos somos iguais