Nesta ocasión visitaron a estación de tren e de autobuses e a oficina de Correos. Desde Gaia explican que “é moi importante coñecer para que serven ambas, estano estudando no colexio e a mellor forma de aprender e visitando estes sitios e vendo o seu funcionamento. Queremos darlle as grazas ao persoal de Correos que lles explicou o funcionamento deste servizo e puidemos ver as súas instalacións, de feito aproveitamos para enviar unhas postais que fixeron no cole”.