Lamentablemente a COP25 de Madrid, o foro no que este recoñecemento debía traducirse en acordos políticos que habilitaran vías de solución, ven de fracasar polas interferencias e paus nas rodas de gobernos pouco sensibles e empresas con grandes intereses en demorar as decisións.
Este venres 20 de decembro no Salón de Actos da Casa do Mar de Ribadeo ás 8 da tarde falamos da emerxencia climática, das causas e as consecuencias -suba do nivel do mar, secas, temporais, enchentes, lumes catastróficas-, da ciencia e da política, dos obxectivos e os mecanismos propostos, das responsabilidades de unhas e outras, nunha presentación e debate abertos para que todas saiamos máis fortes, traballando os medos en ideas para transformar xuntas a mellor o futuro inevitable.
Emerxencia climática, e agora que? é a primeira dunha serie de faladoiros sobre temas de interese social a desenvolver nos vindeiros meses no noso concello.