Site icon Crónica3.com A Mariña

Elena Candia asiste á sesión constitutiva do Consello Territorial da Federación Española de Municipios e Provincias

 Lugo, a 17 de decembro de 2019. A alcaldesa de Mondoñedo e portavoz popular na Deputación de Lugo, Elena Candia, presidenta provincial do Partido Popular, participou na mañá de hoxe na reunión constitutiva do Consello Territorial da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), do que forma parte. Este é o órgano de máxima autoridade da Federación Española de Municipios e Provincias ao longo dos catro anos que transcorren entre a celebración de dos plenos ordinarios.

O Consello está formado por un total de 118 membros, entre os que están os integrantes da xunta directiva, 61 elixidos polo pleno entre os socios titulares, o propio presidente da FEMP e representante das federacións de ámbito rexional.
Antes da reunión, o presidente nacional do Partido Popular, Pablo Casado, mantivo un encontro cos membros do PP que forman parte da xunta de goberno e do consello territorial da FEMP, no que tamén participou o visececretario territorial popular, Antonio González Terol.

Exit mobile version