Site icon Crónica3.com A Mariña

CxG pregúntase a que xoga o PSOE e o PSdG coa poxa electrica que afecta a Alcoa San Cibrao?

 A Mariña, 17 de decembro, 2019. A fórmula da poxa de interrumpibilidad é o tiro de gracia para a factoría da multinacional Alcoa en san Cibrao e tamén o desmantelamento definitivo do potencial industrial de Lugo, xa que Alcoa é o 33% do PIB do territorio.
Dende CxG denunciamos a clara política do PSOE de desmantelar esta factoría de mais de 1.500 empregos na comarca da Mariña Lucense posto que todos os movementos políticos do executivo de Sánchez atacan a viabilidade da produción.
Estamos vendo que as mobilizacións sociais non fan efecto na postura política do PSOE, por elo facemos esta petición pública:

OS ALCALDES, ALCALDESAS E MEBROS DA CORPORACIÓN PROVINCIAL INCLUIDO O PRESIDENTE SOLICITEN A BAIXA TEMPORAL NO PSOE E SE NEGUEN A REPRESENTAR TAL PARTIDO ATÉ A RESOLUCION DEFINITIVA E FAVORABLE DA SITUACIÓN DE ALCOA.

Cómpre lembrar que esta figura é posible, xa que é a utilizada polo PSOE para aqueles membros investigados por corrupción.

“Os cargos públicos, os alcaldes representan a toda a sociedade e non chega con acudir ás concentracións cómpre unha mensaxe máis forte na defensa dos intereses industriais de Galicia, hoxe non valen posturas de Partido fai falla accións concretas” declarou Piñeiro Docampo, Sº Xeral de CxG.

Exit mobile version