Córdoba saltou á pista coas cousas máis claras que o Burela. Os de Juanma Marrube viviron un fatídico minuto, no 6, encaixando dúas dianas, a través de César, de estratexia, e Manu Leal, en penalti. Non conseguiu meterse no partido o conxunto galego e Zequi, en acción individual, volveu facer dano, co terceiro, no 16. Luisma e Pitero dispuxeron de grandes ocasións antes do descanso para reducir a contenda e foi precisamente o 6 burelista o encargado de poñer o 3-1 a poucos segundos do reinicio.
A Alma Laranxa estaba disposta a todo, seguía loitando contra vento e marea; os de Juanma Marrube dispuxeron de máis presenza en cancha contraria e sobre todo de máis finalización na segunda parte; o Pescados Rubén estaba cómodo con pelota e xeraba ocasións. Con oito minutos aínda por diante subiu a quinta falta local. A escuadra galega tivo a oportunidade de reducir nun dobre penalti de Matamoros, no 34, que se estrelou contra o pau; era a gran oportunidade para ir a por os tres puntos con todo. Foi entón cando o 10 mariñano se enfundou na camiseta de porteiro xogador, pero a fortuna non se aliou cos seus intereses e foi Cristian Ramos o que atopou o 4-1 a porta baleira no 39. A falta de 5 segundos para a bucina final Zequi anotou o 5-1.
Ficha técnica
Córdoba Patrimonio de la Humanidad: Cristian Ramos, Jesús, Manu Leal, César, Koseky, cinco inicial; tamén xogaron Lolo, Zequi, Pablo, Giasson, Cristian Cárdenas, Gonzalo
Pescados Rubén Burela FS: Edu, Joselito, Lucho, Matamoros, Álex Diz, cinco inicial; tamén xogaron Renato, Everton, Juanfran, Pope, Luisma, Pitero
Goles: 1-0, minuto 7, César; 2-0, minuto 7, Manu Leal (penalti); 3-0, minuto 16, Zequi; 3-1, minuto 21, Luisma; 4-1, minuto 39, Cristian Ramos; 5-1, minuto 40, Zequi.
Árbitros: Blas Alonso // Romero Candela. Por Córdoba amarela a Zequi (minuto 26). Por Burela amarela para Luisma (minuto 7), Juanfran (minuto 25)
Incidencias: Partido correspondente á xornada 14 de Primeira División disputado no Vista Alegre de Córdoba.