Site icon Crónica3.com A Mariña

Comunicado do Concello do Valadouro sobre o servizo de recollida de lixo

 Valadouro, 4 de decembro de 2019. Ante as diferentes interpretacións e desavenencias xurdidas en relación a contía da subvención que reciben os Concellos de Valadouro e Alfoz pola xestión compartida do servizo de recollida domiciliaria de lixo e do Punto Limpo, correspondentes a convocatoria de subvencións do Fondo de Compensación Ambiental 2019 (dentro da liña de concorrencia competitiva), e a petición expresa do voceiro do PP no Concello, e ao mesmo tempo, coa finalidade de explicar a situación xerada polo negativa dos grupos PP e BNG de non prorrogar este Convenio, e para conseguir reconducir a situación e evitar así un grave dano económico a todos as veciñas e veciños e aos Concellos do Valadouro e Alfoz, quero realizar as seguintes aclaracións;
1º- Segundo consta nos datos do Expediente 45/2019 do Fondo de compensación da liña competitiva (que esta a disposición no Concello de todas as formacións políticas), na páxina 18 extráense o seguintes datos: Denominación do proxecto: Xestión compartida polos Concellos de Alfoz e O Valadouro do servizo de recollida domiciliaria de lixo e Punto Limpo do Concello de O Valadouro.
.- Orzamento total do proxecto: 119.996,17 €
.-Importe total subvención solicitada : 95.972.94 €
.-Orzamento de gastos de funcionamento: 58.196,22 €
.-Importe solicitado para gastos de funcionamento: 46.556,98 €
.-Orzamento obra e/ou equipamento: 61.769,95 €
.-Importe solicitado obra e/ou equipamento: 49.415,96 €
2º- As subvencións líquidas concedidas foron no ano 2018: 72.337,08 euros e no 2019: 69.248,58 euros. O contrato asinado coa empresa adxudicataria con data de 5 de xaneiro de 2018, ascendía a un total de 141.081,70 euros, aos que hai que sumar 14.108,17 euros de IVE. Segundo se constata en dito expediente as subvencións xeradas polo Convenio para os dous Concellos, ascenden a un total de 141.585, 66 euros a data de hoxe.
3º- A orde da Xunta, xunto coas bases da convocatoria foron publicadas no DOG 248 do 31 de decembro de 2018, na páxina 54503. No artigo 15 deste documento regula os importes máximos das solicitudes, que son os seguintes: individual 40.000 euros e conxunta 120.000 euros, cos límites do 50% para gastos de funcionamento, e importe subvencionable do 80%.
4º- Tal e como queda explicado e segundo consta na propia Orde da Xunta, unha solicitude individual do Concello Valadouro tería un importe para gastos de funcionamento do servizo de lixo de 16.000 euros . (Xa que no artigo 15, punto 3º desta mesma convocatoria sinalase que ao ser competitiva, sempre teñen maior puntuación as solicitudes conxuntas, por iso é case imposible acadar puntuación suficiente para acadar a axuda económica).
5º-Quero deixar constancia que todos os datos mencionados neste documento SON OFICIAIS, e están publicados e a disposición publica na sede electrónica do Concello do Valadouro a través do portal de transparencia.
6º- Por último, emprazo ao PP,BNG e UDIVAL a que reconsideren a súa postura e non bloqueen a sinatura dun convenio destinado a un servizo básico para ás veciñas e veciños do Valadouro como é a recollida de lixo e o servizo do punto limpo, en colaboración co Concello de Alfoz. Estou a disposición de todas as formacións políticas para acadar un consenso sobre este asunto de vital importancia para todos e todas.
E para que así conste a todos os efectos oportunos;

Edmundo Maseda Maseda
Alcalde do Valadouro

Exit mobile version