Site icon Crónica3.com A Mariña

Compromiso por Galicia Burela volve a solicitar a instalación de cambia cueiros

Burela, 10 de decembro, 2019. En xuño de 2016, Compromiso por Galicia Burela, solicitaba de forma escrita no Concello a colocación de cambia cueiros nos edificios de pública concorrencia dependentes do Concello de Burela. O resultado foi cero, típica posición da soberbia do Señor Llano. Copiamos literalmente a petición de 2016, para volver a facela:

Que por parte do Concello que compren e coloquen cambiadores, cambia cueiros de bebe, en dependencias municipais de público acceso.
Que inherentemente teñen que ser: Casa do Concello, Casa da Cultura, Praza de Abastos, Salón de Conferencias e Casa da Xuventude.

Unha cuestión tan fácil e con tan pouca inversión, demostra ás claras a forma de facer política do PSOE de Burela, as propostas do resto de grupos son ignoradas. Esperamos dende CxG que o Señor alcalde entenda que agora está en minoría e que segundo el cómpre outra forma de facer política, mais en CxG non acreditamos da súa palabra.

Burela é unha vila con bos índices de natalidade, é tamén un Concello fácil de xestionar no territorial polo cal entendemos que para dotar aos noso edificios de este sistema so fai falla vontade política.

Exit mobile version