Burela, 16 de decembro, 2019. O fracaso rotundo nas posicións políticas da “Cumbre de Madrid” ven a poñer de manifesto a necesidade dunha nova acción política que implemente medidas dende o eido local. En moitos países estas son as verdadeiras puntas de lanza da loita contra o cambio climático sendo exemplo de xestión. Dende Compromiso por Galicia Burela compartimos que a nosa vila pode ser un referente de innovación neste senso. As particularidades de Burela son particularmente favorables a que así sexa. Mais a falta de puxanza e de proxecto político do PSOE de Llano fan que a única política neste campo sexa a estetica, unha concelleira que so fai concursos de fotografía non aporta nada.
Dende CxG facemos propostas concretas:
1. No prazo de 24 meses o parque móbil do Concello ten que ser eléctrico e eficiente, retirando os vehículos de combustible fósil. Agás os que non teñan recambio como o de Bombeiros. É unha medida moi factible, somos un concello de 8 Km cadrados, polo que os servizos municipais non demandan tanta autonomía e sería un bo exemplo.
2. Solicitar a o IDAE as subvencións para adecuar o alumeado público de Burela, o PSOE non foi quen de traer fondos, que son por orde de solicitude, cando por exemplo a Estrada xestiona 8 millóns de euros.
3. Introdución efectiva do contedor marrón para os residuos adiantándonos á obrigatoriedade de 2024.
4. Que as concesionarias de servizos de Burela teñan a obriga de vehículos eléctricos e sostibles, e que dentro da Responsabilidade Social Empresarial consignen fondos a campañas de concienciación en Burela.
Sabemos que na soberbia do noso alcalde non fará caso a esta petición, mais un pobo innovador e punteiro como foi sempre Burela pode converterse nun referente de políticas activas no eido do medio ambiente, que vaian máis alo dun concurso para sacar unha fotos dando premios, que é o que lle gusta a o Sr. Llano.