Viveiro, 18 de decembro de 2019. Tendo en conta que a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa no boletín 117/71GAL, emitido ás 22:15 hora oficial do 17/12/2019, dun fenómono meteorolóxico adverso por VENTO que afectará a toda Galicia a partir das 11 h. da maña do día 18/12/2019 e indicando que, entre outros lugares, na Mariña Lucense se acadará nivel LARANXA, con refachos de ata 100 km/h.
Tendo en conta que a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior comunica que, en previsión destes feitos, se deben adoptar as medidas preventivas necesarias ante as citadas prediccións metereolóxicas e no seu caso alertar ou mobilizar os medios e recursos dispoñibles.
Esta alcaldía ditou un bando para facer saber que dende o día de hoxe, ás 11:00 horas, e en tanto se manteñan as alertas que afecten a este concello por fenómenos metereolóxicos adversos, queda prohibida a realización de calquera tipo de actividade ou evento ao aire libre en todo o termo municipal, procedéndose, así mesmo, ao peche do parque Pernas Peón e ao peche do belén a tamaño natural “Viveiro ante o berce”.