Ribadeo, 13 de decembro de 2019. A Asociación de Comerciante, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo ven de repartir nestes días mais de 400 bobinas de papel de regalo nos establecementos comerciais asociados.
O xerente do colectivo empresarial, Jesús Pérez, explicou que “este papel, do que se repartiron 400 bobinas en dous modelos, un de 75 centímetros de ancho para os paquetes mais grandes e outro de 35 centímetros de ancho, está decorado cos logotipos de Acisa e da Rede de Comercios no Camiño, e cumpre as normas de respecto o medio ambiente, sendo 100 % biodegradable”.
Pérez engadiu que “esta iniciativa está enmarcada no proxecto da Rede de Comercios no Camiño, á que se adheriron os comercios de Acisa o pasado mes a través dunha solicitude conxunta da nosa asociación”.
O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, dixo que “esta adhesión á Rede de Comercios no Camiño é para nos moi importante, xa que nos permitirá non so a entrega de materiais aos nosos socios, senón tamén a difusión do noso comercio dentro do marco do Camiño de Santiago, así coma a propia do Camiño nos comercios”.
Iriarte contou que “este material está cofinanciado pola Xunta de Galicia, a través da Consellaría de Economía, Emprego e Industria, dentro do marco de subvención de Comercios no Camiño. Deste xeito agradecémoslle á Xunta a súa implicación con nos, xa que é moi importante que podamos, grazas ás axudas das administracións, facilitar materiais os nosos asociados e asociadas. Esperamos que este Nadal o novo papel de regalo de Acisa encha as casas da nosa vila”.
Na presentación desta iniciativa participaron o presidente, a secretaria e o xerente de Acisa, Francisco Iriarte, Mª Antonia López e Jesús Pérez, xunto aos que estiveron o deputado autonómico, Daniel Vega, e Marta Saiz.