Xove, 13 de decembro, 2019. Un dos pratos fortes do nadal en Xove e este concurso que chega a súa novena edición e que se celebrará este sábado 28.
Presenta tres categorías: peques para menores de 12 anos; iunior de 12 anos ou máis e menores de 18; e veteranos para maiores de 18 anos. As bases, ficha de inscrición e a relación de cancións para participar pódense consultar nas Oficinas Xerais do Concello, no Departamento de Cultura e na Web do Concello.
A inscrición é gratuita e xa está aberta. Pódes facer presencialemente nas oficinas do Concello, ou por teléfono, chamando ao Concello; neste segundo caso a documentación haberá que aportala con posterioridade.
Para a inscrición só se esixe unha copia do DNI do participante se este é maior de idade e se é menor, unha focopia do DNI do pai, nai ou titor/a.
A inscrición vai estar aberta con carácter xeral ata as 15:00 horas do venres 27 de decembro e tamén o mesmo día de celebración do Concurso, en horario de 17:00 a 19:00 horas no Pavillón Municipal.
En canto aos premios, hai tres 3 por categoría: dous á Mellor voz e 1 á Mellor caracterización.
PREMIOS:
Peques.
Premio á “Mellor voz” : 2 premios de 60 euros
Premio á “Mellor caracterización”: 60 euros
Iunior
Premio á “Mellor voz”: 2 premios de 90 euros
Premio á “Mellor caracterización”: 90 euros
Veteranos
Premio á “Mellor voz” : 2 premios de 150 euros
Premio á “Mellor caracterización”: 150 euros
En total son 900 €uros en premios en metálico.l
O pago dos premios vaise realizar o mesmo día do Concurso.