O delegado territorial da Administración autonómica, José Manuel Balseiro, explicou que o proxecto está vinculado á ampliación desta zona industrial e inclúe o acondicionamento dunha zona verde para proceder á súa posterior entrega ao Concello.
As obras consistirán no acondicionamento do vial 10 -no treito entre o punto quilométrico 0,310 e o 0,330 – mediante a execución dunha beirarrúa na marxe dereita e a dotación de dous pasos peonís para dar continuidade á circulación e pé. O proxecto inclúe a modificación da rede de abastecemento que transcorre baixo a zona afectada polas obras e medidas para o tratamento das augas pluviais.
Balseiro explicou que hoxe remata o prazo para que as empresas interesadas poidan presentar as súas ofertas e o prazo máximo establecido para executar as obras é dun mes.