Site icon Crónica3.com A Mariña

A Rede Museística súmase a celebración do Día Mundial das Migracións cun ciclo de exposicións, proxeccións e relatorios que se desenvolverá ata o 12 de xaneiro

 Lugo, 17 de decembro de 2019. A Rede Museística Provincial inaugurou esta tarde o ciclo “Culturas en diálogo – Somos migrantes, abrimos camiños”, un programa de actividades que reflexiona sobre a pegada económica, social e cultural dos movementos migratorios a través de exposicións, relatorios, proxeccións e obradoiros que se desenvolverán ata o vindeiro 12 de xaneiro nos catro museos provinciais e noutros espazos culturais.

O Museo Provincial de Lugo abriu o programa coa inauguración da mostra fotográfica “Diálogo Azul” e a proxección das pezas documentais “Microhistorias de ida e volta” cos testemuños de mulleres que viviron en primeira persoa experiencias migratorias, recollidas pola Asociación de Rioplatenses en Lugo.

No marco deste ciclo cultural, coincidindo co Día Mundial das Migracións -18 de decembro-, abrirase nas antigas escolas habaneras de San Miguel de Reinante, en Barreiros, unha exposición que recolle parte da historia da emigración galega a Cuba, Arxentina e Uruguay en fotografías e documentos cedidos por diferentes asociacións dun e outro lado do Atlántico, entre elas o Seminario de Estudos “Os Espigueiros”.

A deputada provincial Mónica Freire Rancaño, a xerente da Rede Museística Encarna Lago e a alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, inaugurarán a mostra ás 19:00 horas.

Exit mobile version