Na mostra expóñense os traballos presentados ao concurso, convocado polo Concello, no que participaron nenos e nenas en idade escolar. O tema foi O Nadal, con técnica libre, e o tamaño aproximado das postais é de 15×21 cms pechada e 30×21 cms aberta. As categorías son: Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria, 3º e 4º de Primaria e 5º e 6º de Primaria. Foron presentadas un total de 150 postais.
Os traballos estarán expostos na Sala de Arte da Casa da Cultura de Burela, sita no primeiro andar, desde este venres, 20 de decembro, ata o 15 de xaneiro de 2020. O horario de visitas será de luns a venres de 10:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas.