Site icon Crónica3.com A Mariña

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda visitou a actuación realizada na Rúa Pintor Fierros en Ribadeo, obxecto de subvención do departamento autonómico no presente ano

 Ribadeo, 16 de decembro de 2019. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda reserva unha partida de 6,5 millóns de euros nas contas de 2020 para colaborar cos concellos galegos na recuperación e mellora dos espazos públicos. A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, recordou este orzamento do departamento que dirixe, durante a supervisión aos traballos realizados para mellorar a situación da Rúa Pintor Fierros, no Concello de Ribadeo, ao abeiro do Plan hUrbe.

Ángeles Vázquez lembrou que só en 2019 a Consellería asumiu preto de 90 novos compromisos, que se traduce nun investimento de case 13 millóns de euros, co obxectivo de avanzar carra un urbanismo responsable e avogar pola recuperación das vidas e cidades galegas e manter unha das sinais de identidade de Galicia, como é a paisaxe.

Explicou que no caso concreto de Ribadeo, levouse a cabo unha reforma e mellora da Rúa Pintor Fierros, un viario importante porque conecta co centro urbano e da acceso ás distintas dotacións municipais, como a piscina ou o campo de fútbol Pepe Barrera.

As obras consistiron na mellora do pavimento cunha nova capa de rodadura e posterior repintado para soportar, en condicións de seguridade, o tráfico existente neste viario principal. Tamén se repararon os bolardos existentes en mal estado e se reduciu a pendente dos pasos de peóns sobreelevados ou na reparación dos bordos.

A actuación tamén preveu a mellora das baldosas das beirarrúas e da drenaxe das augas pluviais da estrada e colocouse novo mobiliario urbano coa instalación de novas papeleiras, así como a sinalización vertical e horizontal para garantir a máxima seguridade viaria de vehículos e de peóns

Por último, a conselleira concluíu que a importancia desta actuación radica na mellora da calidade de vida de todas as veciñas e veciños de Ribadeo, ao dar una resposta ás demandas e necesidades detectadas.

Exit mobile version