A disertación terá lugar o vindeiro domingo día 22 de decembro do 2019 ás 12:45h na Casa dos Cóengos en Mondoñedo, coincidindo co cento oito aniversario de nace-mento de Álvaro Cunqueiro. Xunto a César Cunqueiro participarán tamén a alcaldesa da cidade Elena Candia, que presidirá a mesa de intervenientes, Pedro Díaz, presidente do cabido catedralicio, e mais Armando Requeixo, coordinador de Publicacións e Activida-des da CMAC.
O evento conta co apoio do Excmo. Concello de Mondoñedo e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
Ao final do relatorio todo o público asistente será agasallado cun exemplar do primeiro caderno da Colección Selva de Esmelle, publicado pola CMAC co patrocinio da SXPL.
O escritor César Cunqueiro González-Seco (Mondoñedo, 1941), fillo maior de Álvaro Cunqueiro, é licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e traba-llou moitos anos como notario. Colaborador en medios diversos con textos de carácter literario e de opinión, foi tamén presidente do Ateneo de Vigo e da Asociación Cultural de Vigo.
Como narrador en galego publicou en 1988 o relato “A morte de Nancy Reagan” e en 1993 a novela Beatum Corpus, reeditada por Galaxia no ano 2011. Como poeta en castelán deu á luz Mtesis (1998), Poemas de la aceptación y mirada de Narciso (2003), No Eurídice de nuevo (2007) e La muerte del fauno (2011).