O Vicedo, 26 de decembro, 2019. Para estes últimos días do ano están preparadas 2 actividades no Concello de O Vicedo.
Este venres en horario de tarde (de 16:30h a 19h) pódese disfrutar dunha
tarde de xogos de mesa, destinada a nenos e nenas maiores de 8 anos e
adultos. Hai preparados numerosos xogos como poden ser Tabú,
Scattergories, Pasapalabra, Pictionary, Party & Co, 4 en liña, parchís,
oca, Scrabble, Monopoly, etc.
E o sábado, a tradicional viaxe a Xuvenlugo (situado no recinto feiral
de Lugo e con numerosas atraccións de feira, actividades, ludoteca,
etc). Hai que anotarse na Casa da Cultura do Vicedo antes do venres ás
14h e é gratuito para os nenos e nenas menores de 18 anos e os seus
acompañantes. Trátase dunha actividade familiar que se ven organizando
desde hai moitos anos e que gusta tanto a nenos como adultos.