A concelleira Verónica Peña explicou que o obxectivo da charla, que dará unha técnica de Consumo da Xunta de Galicia, é “saber os dereitos que temos os consumidores, as garantías e as vías de reclamacións que hai cando un produto non sae como esperamos”. A concelleira anima aos veciños a “avanzar nunha senda sostible, tamén en materia de consumo, e para elo existen formas de actuar como mercar no comercio local ou actuar de forma reflexiva á hora de comprar, optando por una opción sostible sempre que sexa posible”.