Site icon Crónica3.com A Mariña

A Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias (AFAN) de Burela levará a cabo en Barreiros o Programa Rede Paraugas Alzheimer Rural, dirixido a familiares coidadores de persoas que sofren algún tipo de demencia no rural galego e promovido pola Fundación Barrié e a Federación de Alzheimer de Galicia en colaboración co Concello de Barreiros

A primeira sesión, que será unha xornada formativa, terá lugar o 26 de decembro na aula CeMIT de Barreiros (Teleclub San Cosme), en horario de 16.30 a 19.30, posteriormente realizarase unha sesión mensual, ata xuño 2020, cunha duración de 3 horas cada sesión e onde se combinará formación con grupos de axuda mutua. A asistencia é gratuita previa inscrición no departamento de Servizos Sociais ou chamando ao teléfono 982 124 002.

Exit mobile version