Dentro deste proxecto estanse a facer actividades (tanto cos usuarios da Unidade Residencial como cos usuarios dos Centros de Rehabilitación Psicosocial e Laboral de Burela e Ribadeo) de lectoescritura e motivación e apoio na participación en concursos de expresión artística, a elaboración da Revista Agarimo, celebración das festas tradicionais de Galicia (Magosto, Samaín,..) e visitas e saídas culturais que axudan a coñecer a riqueza cultural e o entorno máis próximo. Este proxecto está subvencionado pola Excma. Deputación de Lugo a través da convocatoria para a realización de actividades de interese cultural dura nte o ano 2019.