Site icon Crónica3.com A Mariña

6 novas empresas apoian a plataforma coordinadora de traballadores de auxiliares de Alcoa

 Cervo, 30 de Decembro de 2019. Na reunión mantida este luns recibimos o apoio de 5 novas empresas que son: Rodabell SA, Mecanizados Rodabell, Mayco, Montaxes Rodabell, Saur Xove e Talleres Noguera. Xunto coas 11 xa presentes sumamos un total de 800 traballadoras/es.

A coordinadora acordou que non solicitaremos presencia, como representantes de 800 traballadores teriamos o dereito a tela, na plataforma de seguimento convocada polo goberno central. Entendemos que non é máis que unha xuntanza de blanqueamento político para o PSOE, na cal pouco ou nada se arranxará. A solución a tarificación eléctrica non pasa por mesas de seguimento, pasa por tomas de decisión políticas e deixar o xogo de trileiros.
Nin PP nin PSOE tomaron decisións no momento que lles tocou tomalas a cada un, e de esos polvos temos estes lodos.
Sí solicitamos que as forzas políticas que visiten o centro de traballo de San Cibrao conte con esta plataforma que é a voz do 50% dos postos directos da planta.

Esta plataforma convocará a unha xuntanza co comité dos traballadoras/es de Alcoa para o dia 07/01/2020 para coordinar accións e acercar posturas, co punto claro de que a planta de San Cibrao conta con o redor de 2000 postos de traballo directos, non con 1000.

Por último e non menos importante convocaremos unha mobilización, con paro de traballo de 2 horas para finais do vindeiro mes.
Dende que Alcoa se fixo cargo da planta de San Cibrao adicouse a reducir postos de traballos directos para externalizalos. Levando con iso a unha precarización dos postos de traballo, e a unha maior ganancia para eles, non pode ser que agora que pode vir un golpe mal dado que sexamos os primeiros en pagar “o pato”, tal e como xa aconteceu nas plantas de A Coruña e Avilés.

Exit mobile version