Son 11 talleres de 100 minutos cada un nos que se traballará con todos os alumnos e alumnas do centro, desde 1 eso ata 2 bac , traballando dunha maneira dinàmica con exemplos prácticos e material descriptivo , conceptos básicos sobre as desigualdades persistentes na nosa sociedade e no campo educativo, dos estereotipos e roles de xénero, das conductas machistas, da conciliación e de moitas outras pautas para avanzar cara a unha sociedade máis igual e a loita contra a violencia de xénero.
Dende a Anpa pensamos que fai moita falta traballar estes temas xa que hai que mudar moitas conductas tanto no ámbito familiar, de ocio, nas aulas e nas relacións entre adolescentes e facelo desde curta idade xa, por eso o interés de que chegue a todo o alumnado do instituto.