A Mariña, 10 de novembro de 2019.- Con motivo do Día Internacional do Patrimonio Mundial, Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro 23 de novembro, sábado, unha saída á cidade de Lugo para coñecer parte do seu patrimonio, concretamente aquel que se atopa fóra da muralla. Como vén sendo habitual neste tipo de actividades organizadas por Mariña Patrimonio, a visita será guiada e contará con actividades que se desenvolverán ao longo do día. Nesta ocasión pola mañá visitaranse os barrios da Ponte e do Carme e, tras unha pausa para o xantar, coñecerase un interesante e enigmático conxunto arqueolóxico que se atopa no lugar de Adai.
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 15 de novembro e todas as persoas que queiran participar nesta actividade poderán obter máis información no blog de Mariña Patrimonio: https://mrpatrimonio.blogspot.com/2019/11/patrimonio-lucense-fora-de-murallas-con.html