Tráxico luns na Mariña coa morte dun rapaz no IES Monte Castelo e un presunto parricidio en Foz
redac
A Mariña, 4 de novembro, 2019. Foi detido un menor pola morte da súa nai en Foz, de nacionalidade brasileira e con iniciais M.F, de 36 anos. O cadáver da vítima foi achado onte no seu domicilio. Un veciño alertou de que un rapaz se atopaba nun parque cunha ferida nunha man. O mozo foi detido pola garda civil como presunto autor do homicidio.
E en Burela outro rapaz de 13 anos desplomábase á entrada do instituto Monte Castelo. Trala rápida actuación de profesores e servizos de urxencia consegurion reanimalo, pero xa no hospital sufría un novo ataque do que nada se puido facer, finando no centro hospitalario.