Site icon Crónica3.com A Mariña

Preocupación en Fapacel polo incumprimento reiterado dos prazos de execución nas obras do Ceip de Cervo

 Lugo, 7 de novembro, 2019. Dende a Fapacel amosamos a nosa preocupación polo incumprimento reiterado dos prazos de execución nas obras do Ceip de Cervo e a desidia coa que a Consellería de Educación ven tratando esta grave situación.
Voltamos a condenar tanto a falta de previsión na planificación das obras como a falta de interés no seu remate.
No día de hoxe o Ceip de Cervo ten graves problemas coa humidade, non ten a caldeira da calefacción prevista ainda instalada, a cuberta do edificio está sen rematar ,entre outros problemas,e todo isto mentres os alumnos teñen que estar nas aulas.
Preocupanos asimesmo as condicións nas que se estan dando aulas, pois o alumnado e profesorado ten que sufrir os ruidos e molestias propias dunha obra que se fai en horario lectivo,
Apoiamos as queixas máis que xustificadas das nais e pais e esiximos á Consellería de Educación, e en concreto á Subdireción Xeral de Construcións e Equipamento que axilice de unha vez o remate das obras.Tamén alabamos a paciencia que están amosando as nais e pais ante a falta de seriedade dos responsables de esta situación

Exit mobile version