Site icon Crónica3.com A Mariña

Por Viveiro reuniuse este xoves coa Asociación de Veciños de Xunqueira, e mostroulles o apoio á manifestación convocada polo colectivo para o vindeiro 7 de decembro

 Viveiro, 28 de novembro, 2019. Representantes da Asociación transmitiron o malestar da veciñanza de Xunqueira ante o abandono das distintas administracións, que se ben se reuniron en varias ocasións con eles, incluso coa presentación dun anteproxecto, todavía non iniciaron nin a contratación das obras a realizar, nin a limpeza en profundidade do río como consideran que é necesario.

Bernardo Fraga, Portavoz Municipal de Por Viveiro declarou á saída da xuntanza “Case un ano despois da ríada de Xunqueira, só se realizaron os traballos básicos de limpeza nos días posteriores, pero as obras importantes, de limpeza do río e de mellora da zona para evitar que se volva a repetir, seguen á espera”
“Chega outro inverno, ademais con choivas abundantes, é resulta normal a preocupación das veciñas e veciños de Xunqueira pola súa seguridade”

Os independentes, mostraron o seu apoio á manifestación do vindeiro 7 de decembro e animan ás veciñas e

Exit mobile version