Ribadeo, 6 de novembro de 2019. A Voceira do PSOE en Ribadeo Marta Rey defendeu unha moción no Pleno, na que demandou que se repoña a dotación da Ambulancia Medicalizada da Mariña (AM-752), quedando formada por 2 TES (Técnico de Emerxencias Sanitarias) un DUE e un Médico. E demandase ademais a reposición do horario na Ambulancia de Soporte Vital Básico con base en Foz (A-875), volvendo a estar dispoñible as 24 horas do día. A iniciativa foi aprobada por unanimidade.
A Voceira explicou que este servizo é vital para Ribadeo é para toda a Mariña “por iso reclamamos ter os mesmos servizos que nas demais Comarcas, nin máis nin menos, non podemos quedar atrás. O PP de Feijoo só se lembra da Mariña para pedir o voto e para recortar, este é un claro exemplo desa política sectaria”, insistiu.
Rey remarcou que presentou esta moción “para deixar patente o malestar e as queixas das veciñas e veciños de Ribadeo que están en contra deste recorte sanitario. Porque esta é a verdadeira sinal de identidade de Feijoo, o gravísimo deterioro da sanidade pública en Galicia”.
“Temos dereito a unha sanidade pública e de calidade, por iso dende o PSdeG-PSOE vamos a seguir traballando e impulsando iniciativas e propostas que contribúan a mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas. Ribadeo non pode quedar esquecida do mapa sanitario galego”, resumiu.