Lugo, 1 de novembro de 2019. A secretaria provincial Socialista e Deputada Autonómica, Patricia Otero a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, xunto aos candidatos ao Congreso e ao Senado que encabezan, Ana Prieto e Cesar Mogo, participaron na Praza de San Marcos na pegada de carteis virtual do PSdeG-PSOE para as vindeiras eleccións do 10 de novembro.
A secretaria provincial Socialista remarcou a importancia desta cita electoral.“O vindeiro 10 novembro xogamos aprobar o estatuto das empresas electrointensivas, conectar esta provincia coa Alta Velocidade, traballar para acadar unhas pensións xustas, ou loitar contra a desigualdade, pero sobre todo seguir avanzando nos dereitos conquistados e na xustiza social que o ADN do PSOE”, dixo Patricia Otero.
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez tomou a palabra para reivindicar o impulso do Goberno de Pedro Sánchez ao longo deste mandato na capital da Provincia. “Nestes meses puxemos o proxecto da estación de tren co novo aparcadoiro, melloráronse as infraestruturas viarias como na A-54, ou o proxecto da nova oficina de emprego do Barrio da Residencia que conta tamén con financiamento do Estado. Estes proxectos son algún exemplo das políticas progresistas polas que os lucenses debemos seguir loitando. Lugo non pode, nin debe quedar atrás desta senda de progreso”, resumiu.
A candidata ao Congreso, Ana Prieto explicou que defenderá os intereses da provincia e de todos os veciños e veciñas de Lugo no Congreso. “Dende o PsdeG-PSOE traballaremos para loitar contra calquera tipo de desigualdade, daremos un novo impulso ao Estado do Benestar e afrontaremos outras tarefas pendentes de rexeneración democrática cun programa progresista, feminista e europeísta”.
Prieto Nieto dixo que “as tres dereitas non poden nin deben gobernar este pais. O PP de Casado e de Feijoo estaría encantando de gobernar con VOX nas institucións deste pais, por iso o vindeiro 10 de novembro, todos os lucenses debemos dar unha lección de dignidade, e demostrar este pais quere un goberno progresista e que avanza con paso firme para acadar maiores cotas de avance social e de igualdade da súa historia”.
O cabeza de lista ao Senado, Cesar Mogo pediu o voto o 10 de novembro “para que a provincia de Lugo poida formar parte deste pais moderno, cun goberno presidido por Pedro Sánchez que aposta pola educación pública, que sube o SMI e as pensións a mais de 116.000 lucenses, que ampla a rede de becas, e que defende un emprego digno e de calidade”.
Mogo sinalou que o único xeito de desterrar a dereita de Galicia “é apoiar ao Goberno de Pedro Sánchez. A esta provincia vaille ben cando goberna o PSOE, o 10 N xogamos un modelo de pais que aposta polas persoas e polos avances sociais, e outro que aposta pola involución e o retroceso. Debemos continuar con esta folla de ruta progresista para que esta provincia continua a senda de progreso na que estamos traballando dende o PSOE”, resumiu.
Pegada virtual
No acto de inicio de campaña, na Praza de San Marcos de Lugo, os candidatos e candidatas estiveron acompañados de veciños, compañeiros e militantes que se achegaron a esta convocatoria. Nesta ocasión a pegada foi virtual, xa que o cartel e as imaxes de Pedro Sánchez foron proxectadas nunha pantalla.