Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas aprobarán un plan nacional de emprendemento social

????????????????

Lugo, 7 de novembro de 2019. Ana Prieto acompañada dos candidatos ao Congreso e ao Senado, mantiveron esta mañá dúas xuntanzas en Lugo, coa Asociación de Mulleres Empresarias e con representantes da CEL, nas que expuxeron o programa do PSOE neste sector.
Os candidatos sinalaron que o PSOE “aposta polos emprendedores, por iso aprobaremos a estratexia España nación emprendedora, que promoverá unha profunda transformación do noso tecido produtivo. Aprobaremos unha Lei de startups, traballaremos en cooperación coas comunidades autónomas para eliminar os obstáculos á actividade empresarial e facilitaremos a atracción de investimento internacional e talento”.
“Tamén reforzaremos os instrumentos públicos de financiamento co fin de mobilizar os recursos necesarios para abordar o proceso de transición climática e transformación dixital da economía, apoiando de forma eficiente o proceso de creación e crecemento das empresas”, explicaron.
Melloraremos a representatividade e o diálogo institucional
O programa socialista aposta ademais “polo o apoio ás empresas de economía social, como modelo de empresa sostible, integradora e xeradora de emprego de calidade, e como axentes crave para un desenvolvemento territorial equilibrado e unha maior cohesión social. Promoveremos un Plan Nacional de Emprendimento Social para impulsar o deseño e posta en marcha de políticas públicas específicas que apoien ás e os emprendedores sociais a deseñar, consolidar e xestionar os seus proxectos. Melloraremos a representatividade e o diálogo institucional coas principais asociacións nacionais do sector. Revisaremos o réxime fiscal de cooperativas e sociedades laborais para recuperar a eficacia tributaria no fomento deste tipo de empresas”.

Apoiaremos a internacionalización das nosas empresas
Os candidatos explican que “apoiaremos a internacionalización das nosas empresas. Moitas empresas españolas conseguiron xa competir con éxito nos mercados internacionais. O noso empeño é que a súa competitividade non descanse en ningún caso en salarios baixos nin empregos precarios, senón no enorme potencial existente para mellorar a súa produtividade, grazas a un maior impulso público á educación, a formación profesional e a innovación. Este apoio debe beneficiar, en particular, ás pemes”.

Exit mobile version