Otero acusa ao PP “de enganar ás veciñas e veciñas de Foz cos investimentos no dragaxe do Porto Chico da vila focense. Onte mesmo tivo unha oportunidade única de facer realidade este proxecto tan necesario, pero votou en contra. Este o investimento da Xunta en Foz, darlle as costas aos veciños”, insistiu.
A secretaria provincial critica ademais o anuncio de hoxe da Presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, no que afirma que nos orzamentos da Xunta para o ano 2020 haberá unha partida destinada a contratar a asistencia técnica para iniciar os estudos para o dragado de Porto Chico. “Xa esta ben de rirse dos focenses, este ano Portos orzamenta máis de 10 millóns de euros e nin un só euro vai destinado a Foz, cando era unha obra prioritaria. Que máis teñen que esperar?, pregunta.
Otero lembrou tamén o apoio do Parlamento de Galicia, a través dunha proposición aprobada en setembro por todos os grupos da Cámara Autonómica, coa realización desta infraestrutura. “Queremos feitos, investimentos reais, e non boas palabras e fotografías”, espetou a Deputada Autonómica.
Pregunta no Parlamento
Nesa liña explicou que rexistrará unha pregunta no Parlamento para coñecer cal é o nome da partida orzamentaria á que se refire a Presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, na que anuncia que nos orzamentos da Xunta para o ano 2020 haberá un compromiso para contratar a asistencia técnica para iniciar os estudos para o dragado de Porto Chico.
Auditorio e saneamento
A secretaria provincial lembrou ademais que o Grupo Socialista tamén presentou outras emendas nos orzamentos da Xunta para Foz. “Concretamente para a realización do Auditorio do Concello (1ª fase), con 200.000 euros, e para o remate do saneamento nas parroquias de Santa Cilla e San Acisclo en Foz cun investimento de 125.000 euros. As dúas propostas foron rexeitadas polo PP”.