Site icon Crónica3.com A Mariña

Obradoiro de uso da medicación e primeiros auxilios no Concello de Alfoz

O vindeiro 5 de decembro de 16 a 20 horas, terá lugar no Centro Sociocultural de Alfoz un obradoiro no que se desenvolverá o seguinte programa: Uso adecuado e responsable da medicación. Atención inicial en situacións de urxencia máis frecuentes: traumatismo, dificultade respiratoria, dor torácica, queimaduras, perda de coñecemento, diabetes, reaccións alérxicas, RCP básica, etc. Entregarase certificado de asistencia. Inscricións no Concello de Alfoz ou no número de teléfono 982.55.80.01.

Exit mobile version