Site icon Crónica3.com A Mariña

O salón de actos do Concello de Lourenzá acollerá unha charla titulada O alzheimer e outras demencias nas nosas vidas

Será este mércores ás 18:00 horas con acceso libre. Impartirana a psicóloga xeral sanitaria e a educadora social do Centro de Día de Lourenzá, Pilar Díaz e Nazaret Cruz, respectivamente. Nazaret Cruz explica que este acto “está dirixido a toda a poboación de Lourenzá e concellos limítrofes para visibilizar as principais características deste tipo de enfermidades neurodexenerativas e proporcionarlles estratexias de intervención a aquelas persoas que teñen non seus domicilios persoas con estas enfermidades”.

Exit mobile version