Ribadeo, 15 de novembro de 2019. O vindeiro mércores, 20 de novembro, desenvolverase en Ribadeo un obradoiro para a xeración de proxectos do mar. Está impulsado polo GALP dentro do proxecto GOBERMAR e no que colaborará o Concello de Ribadeo.
Os obradoiros están dirixidos a empresas do sector, confrarías, asociacións, persoas emprendedoras e público interesado en xeral co ánimo de fomentar o número de iniciativas susceptibles de presentarse á convocatoria de axudas do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca.
Nos encontros trataranse os seguintes temas:
-Obxectivos e ideas de negocio con posibilidades de financiamento. Detalle de proxectos produtivos financiados nos últimos 3 anos para o sector.
-Necesidades que se detectaron no traballo de campo (confrarías, asociacionismo e empresas)
-Café-debate. Espazo aberto para identificar novas liñas de negocio nas empresas extractivas, transformadoras e comercializadoras.
O obradoiro desenvolverase o 20 de novembro desde as 18:00 horas na Casa de Xuventude de Ribadeo e as persoas interesadas en asistir deberán inscribirse no correo electrónico gobermar.marinaortegal@gmail.com