O Presidente mantén xuntanzas coas alcaldesas de Lourenzá e Barreiros, e con ASPANANE de Viveiro
redac
O Presidente da Deputación, José Tomé, mantivo este venres senllos encontros coa Alcaldesa e o tenente de alcalde e concelleiro de Obras de Lourenzá, Rocío López e Javier Huertas, e coa rexedora e a tenente de alcaldesa de Barreiros, Ana Hermida e Carmen Veiga, así como con directivos da asociación de persoas con discapacidade intelectual ASPANANE de Viveiro, na que estivo presente a Alcaldesa deste concello e Deputada provincial de Muller e Igualdade, María Loureiro. Estas reunións enmárcanse na rolda de contactos que está a manter Tomé con representantes municipais e de colectivos sociais de toda a provincia co fin de coñecer as súas necesidades e demandas.